A Deputación de Ourense presenta o seu catálogo de publicacións que recolle as obras que se publicaron desde o seu inicio como editorial.
Moitas das nosas publicacións están esgotadas, outras as poden mercar directamente desde esta páxina, na que tamén coñecerán outras formas de distribución dos nosos libros.
Poderán consultar as revistas editadas por nós (Raigame, Anuario da Gaita, Orense ou Ourense siglo XXI) e outras, publicadas por diversas asociacións culturais ourensanas.
Pretendemos ser un repositorio no que teñan cabida os mellores traballos inéditos de interese para esta provincia en diferentes ámbitos.