A Ponte Maior. La razón de ser de una ciudad: el puente romano-medieval de Ourense

Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta

35,00 

Sinopse de A Ponte Maior. La razón de ser de una ciudad: el puente romano-medieval de Ourense

Esta obra refírese a un símbolo da cidade de Ourense. Un elemento patrimonial que define a esta cidade, A Ponte.

O texto foi seleccionado polo Consello Asesor de Publicacións dentro do marco do primeiro concurso para selección de obras para edición e coedición por parte da Deputación, no marco do Plan Anual de Publicacións. No ano 2013 a Deputación Provincial de Ourense publica unha Ordenanza de Publicacións que obriga á institución para establecer o que vai publicar a través dun Plan Anual de Publicacións.

Dentro dese Plan Anual introdúcese un concurso ao que cada ano preséntanse textos para ser seleccionados por un Consello Asesor que informa e valora as obras presentadas para que poidan ser, ou non, editadas por esta institución. A obra Juan Carlos Rivas foi a mellor puntuada no concurso do ano 2014.

O autor ten amplos coñecementos sobre o tema e trata de poñer a disposición do lector un gran abanico de información histórica, gráfica e fotográfica referida á ponte.

É un rigoroso traballo desde o punto de vista metodolóxico, que se fai empregando fontes primarias e secundarias da historia. É extenso e complexo, sendo unha obra de referencia sobre un dos emblemas da cidade, e a única monografía específica sobre este tema, salvo un pequeno folleto de Chamoso Lamas de 1969, tamén publicado por esta institución e xa esgotado.

A Ponte Maior. La razón de ser de una ciudad: el puente romano-medieval de Ourense

Autor Juan Carlos Rivas Fernández-Xesta
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2014
Idiomas Castellano
Encuadernación 25 x 31cm., il.: color, tapa dura
Nº de páxinas 534
ISBN 978-84-92554-81-2
Depósito Legal OU-349-2014