Publicado o

O MILAGRE DA PEDRA NO TEMPO

A SANTA COMBA DE SAN TROCADO | SUSO DÍAZ ESTÉVEZ

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as aras romanas, o rumor monacal e a maxia dun espazo onde o tempo parece deterse para escoitar o sagrado.

A través de cen composicións poéticas —que dialogan entre a poesía discursiva e a síntese evocadora do haiku— e acompañadas por unha serie de ilustracións de trazos sinxelos do propio autor, este libro convídase como unha viaxe sensorial e espiritual. Unha homenaxe necesaria a ese «milagre de pedra» que nos define, que cura as feridas da alma.

Publicado o

DEZ CARTAS ESCRITAS PR´OS GALLEGOS.

04 de Setembro de2026

Edición especial en conmemoración de Valentín Lamas Carvajal
Dentro do Plan Anual de Publicaciones de 2026 e coincidindo co 120º aniversario do pasamento de Valentín Lamas Carvajal e co 150º aniversario do nacemento do xornal O Tío Marcos d’a Portela —a primeira publicación periódica escrita integramente en galego, dirixida polo propio Lamas Carvajal—, a Deputación de Ourense edita una obra conmemorativa que homenaxea o legado do insigne escritor e xornalista ourensán.

Publicado o

RAMÓN CONDE.ENTRE EMOCIONES Y LA RAZÓN

Monografía sobre o escultor Ramón Conde
Incorporamos ao noso catálogo unha nova publicación dedicada á figura e traxectoria do escultor Ramón Conde. Esta obra, editada no marco do Plan Anual de Publicacións de 2025 para conmemorar os seus 50 anos de carreira profesional, ve a luz neste momento tras superar un complexo e coidado proceso técnico de edición.
A publicación ofrece unha mirada profunda sobre o seu universo creativo, as súas técnicas e a relevancia da súa obra no panorama escultórico actual.

Publicado o

Presentación Plan Anual de Publicacións 2025

O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe na Feira do Libro de Ourense as obras do Plan Anual de Publicacións 2025. Cun investimento de 100.000€, este plan blinda a nosa memoria colectiva con ferramentas vivas para a historia, a educación e a xestión cultural.

A Deputación de Ourense consolídase como “editorial científica e cultural” da provincia.

Que atoparás no catálogo de 2025? Revistas de referencia como Raigame ou Anuario da Gaita.

Monografías históricas esenciais sobre a Ponte Maior, a Vía da Prata, Praza Maior de Ourense ou a historia da sanidade local.

E as boas noticias non paran: o Plan de 2026 xa está en marcha con outros 100.000 € para seguir editando o futuro de Ourense!