Monografía sobre o escultor Ramón Conde
Incorporamos ao noso catálogo unha nova publicación dedicada á figura e traxectoria do escultor Ramón Conde. Esta obra, editada no marco do Plan Anual de Publicacións de 2025 para conmemorar os seus 50 anos de carreira profesional, ve a luz neste momento tras superar un complexo e coidado proceso técnico de edición.
A publicación ofrece unha mirada profunda sobre o seu universo creativo, as súas técnicas e a relevancia da súa obra no panorama escultórico actual.
