Publicado o

A Deputación Provincial presenta un libro sobre a Vía da Prata como “ferramenta estratéxica para a promoción do territorio”

Ourense, 23 de abril de 2026.

A obra, titulada “Paseniño pola Vía dá Prata. O Camiño Mozárabe na provincia de Ourense” e elaborada por Manuel Garrido Rivero e María Eugenia Muñoz Fernández, destaca este roteiro histórico “como motor de desenvolvemento cultural, turístico e territorial”, segundo expresou o presidente Luis Menor.

A Deputación Provincial de Ourense celebrou hoxe o Día do Libro coa presentación da obra “Paseniño pola Vía dá Prata. The Mozarabic Way in the province of Ourense”, unha publicación creada co obxectivo de reforzar a proxección da provincia a través dun dos seus principais recursos patrimoniais e turísticos. Este evento forma parte do compromiso da institución provincial coa promoción da cultura e a identidade, destacando a palabra escrita como vehículo de coñecemento e tamén como instrumento para construír o futuro. Esta publicación é froito dun proxecto impulsado pola Deputación Provincial para situar a Vía dá Prata no lugar que lle corresponde dentro dos grandes roteiros culturais europeas, destacando o seu carácter multifacético: un itinerario histórico que combina patrimonio, paisaxe, tradición e potencial económico para a comarca rural de Ourense. Neste sentido, o presidente provincial, Luis Menor, destacou que esta obra “non é só un libro, senón unha ferramenta útil para dinamizar o territorio, promover o turismo e fortalecer a cohesión provincial”, facendo fincapé en que iniciativas como esta responden o papel que debe desempeñar a Deputación Provincial como impulsora de proxectos que xeren valor para a provincia no seu conxunto. O libro foi elaborado por Manuel Garrido Rivero, licenciado en Historia e experto en vías públicas, e María Eugenia Muñoz Fernández, licenciada en Historia da arte e especialista en patrimonio, seleccionados mediante concurso público conforme a normativa da institución provincial, segundo explicou a xefa da Sección de Arquivo e Publicacións, Ana María Malingre. Os autores agradeceron á Deputación Provincial o seu “compromiso coa Cultura e a Vía da Prata”. A obra ofrece un percorrido detallado polos municipios polos que discorre a Vía dá Prata na provincia de Ourense, incorporando información sobre o seu patrimonio histórico, cultural e natural, así como sobre as súas tradicións e gastronomía locais. Todo iso preséntase nun formato moderno e visual, co apoio de material gráfico dos Arquivos Provinciais e cunha vocación informativa e internacional, ao incluír contido accesible en varios idiomas mediante códigos QR. A publicación intégrase no catálogo editorial da Deputación Provincial de Ourense a través do Plan Provincial de Publicacións, que continúa ampliándose con obras que contribúen á difusión do patrimonio cultural e á posta en valor dos recursos propios da provincia. Con esta iniciativa, a institución provincial dá un novo paso na promoción da Vía dá Prata como unha das grandes cartas de presentación de Ourense, comprometida a transformar o seu potencial en oportunidades reais para os municipios e para todo o territorio.

Publicado o

Presentación do libro “A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato”.

Presentación do libro A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato.

27 de Febreiro de2026

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación do libro A Virxe do Cristal: lenda, roubo, asasinato, unha publicación colectiva que reivindica a memoria histórica, a identidade cultural e o valor simbólico dun dos elementos patrimoniais máis singulares da provincia. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, encargado de pechar a presentación, xunto co alcalde de Celanova e coordinador do proxecto, Antonio Puga; as críticas literarias Tareixa Taboada e Mercedes Gallego; e o autor e coordinador da obra, Xosé Manuel del Caño. A cita reuniu arredor de medio cento de artistas e escritores que participan neste traballo.

Publicado o

Concurso de Publicacións 2026

A Deputación de Ourense abre a convocatoria do concurso de Publicacións 2026, unha iniciativa destinada a impulsar a creación literaria entre os autores ourensáns, poñendo en valor o talento local e fomentando a difusión de contidos que reflictan a riqueza cultural, histórica e social da nosa provincia.

Este concurso é un espazo de referencia para quen desexe compartir obras que contribúan a dar visibilidade aos temas, inquietudes e perspectivas propias da provincia de Ourense, fortalecendo así a súa identidade e patrimonio cultural.

Obxetivo do concurso

O certame ten como finalidade seleccionar as mellores obras orixinais presentadas polos participantes, co propósito de publicalas en formato libro baixo o selo editorial da Deputación Provincial de Ourense.

Reconocemento

Non se establece premio económico.
O recoñecemento oficial consiste na edición, maquetación e publicación do libro gañador, así como a súa difusión venal e non venal.

Fechas clave

  • Apertura da convocatoria : 20 de Febreiro de 2026.
  • Recepción de obras ata: 23 de abril de 2026.
  • Resolución do concurso publicarase no BOP.

Participación

1.- Revisa as bases completas do certamen. BOP Nº33, do xoves , 19 de febreiro de 2026, p.5.
2.- Envía a túa obra seguindo as indicacións establecidas.

Publicación

As obras seleccionadas serán editadas e publicadas pola Deputación dentro do seu catálogo editorial

Bases concurso 2026 no BOP de Ourense do 19 de febreiro de 2026. Descargar.