Publicado o

O MILAGRE DA PEDRA NO TEMPO

A SANTA COMBA DE SAN TROCADO | SUSO DÍAZ ESTÉVEZ

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as aras romanas, o rumor monacal e a maxia dun espazo onde o tempo parece deterse para escoitar o sagrado.

A través de cen composicións poéticas —que dialogan entre a poesía discursiva e a síntese evocadora do haiku— e acompañadas por unha serie de ilustracións de trazos sinxelos do propio autor, este libro convídase como unha viaxe sensorial e espiritual. Unha homenaxe necesaria a ese «milagre de pedra» que nos define, que cura as feridas da alma.