A editorial

A Deputación de Ourense é unha institución que apoia a cultura. Publicamos e distribuimos obras científicas, artísticas, literarias ou musicais de autores ourensáns ou obras referidas a esta provincia, co obxecto de divulgar a realidade de Ourense, entendida en sentido amplo.

A institución comezou a publicar en 1976, a través do «Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo», cuxos fins eran «realizar, promover, subvencionar e coordinar as investigacións e estudos de natureza científica, histórica, literaria e artística referida á provincia ou rexión que redundasen no prestixio e honra de Ourense e asesorar á Deputación en materia cultural».

Disolto o instituto, creouse o Servizo de Publicacións. Hoxe, existe un negociado, dependente da sección de Arquivo e Publicacións, desde o que a institución continúa co mesmo obxectivo, afanándose en profundar no coñecemento da provincia.

Cada ano elaboramos un Plan de publicacións e tamén temos un concurso, para elixir as obras que se publicarán ao longo do exercicio. Temos editado case 600 títulos que reflicten o importante esforzo que o organismo provincial dedica a este tipo de difusión.

Todos os títulos editados pola institución chegan de forma gratuíta á rede de bibliotecas públicas da provincia, ás máis importantes do resto de Galicia e a calquera outro punto de lectura que o solicite.

Existe a posibilidade de mercar os libros dende o catálogo, nesta páxina web, ou directamente na oficina de Publicacións da Deputación de Ourense:

NEGOCIADO DE PUBLICACIÓNS:
C/ Progreso, 53. Piso 2º 32003 OURENSE
TF.: 988317885
publicacions@depourense.gal
Horario ao público de 9:00 h a 14:00 h

Tamén se poden adquirir os libros do catálogo en calquera librería as que chegan as seguintes distribuidoras:
GALICIA:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Travesía de Vigo, 71. SOTO 36206
TF.: 986265144
pedidos@editorialgalaxia.gal
 
RESTO DE ESPAÑA:
DISTRIBUCIONES ALCANTARILLA
c/ Valdemorillo, 56. Polígono Industrial Ventorro del Cano 28925 Alcorcón. Madrid
Tf.: 915482630
palcantarilla@gmail.com