As obras inéditas de Prado Lameiro

Alberto Manuel Portela Vázquez

16,64 

SKU: P-0575 Categorías: ,

Sinopse de As obras inéditas de Prado Lameiro

Esta obra referida a Xavier Prado Lameiro, nacido en Ourense en setembro de 1874, é a segunda que a Deputación dedica a este autor. Publicou no ano 2021 a obra Xavier Prado Lameiro: legado cultural e social, do mesmo autor, Alberto Manuel Portela Vázquez que nos permitiu achegarnos á personalidade, o compromiso e a traxectoria dun dos grandes de Ourense.
Prado Lameiro, destacou como veterinario, sendo inspector provincial de Ourense. Defensor do agrarismo, denunciou o populismo de destacados líderes provinciais pola manipulación política que facían dos campesiños. Foi cofundador da coral De Ruada e colaborou nos primeiros números da revista Nós.
Esta publicación nos permite seguir profundando na figura de Prado Lameiro e, ao tempo, coñecer unha importante parte da súa obra que permanecía inédita: Carantoñas (breve obra de teatro), Cousas (poesía ) e outras pequenas obras en verso.

As obras inéditas de Prado Lameiro

Autor Alberto Manuel Portela Vázquez
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2022
Idiomas Galego
Encuadernación Il.col.; 24 x 17 cm; rústica
Nº de páxinas 287
ISBN 978-84-16643-46-2
Depósito Legal OU 276-2022