Sinopse de “Ese vento que vai sóbor da terra”. A vida desmedida de Basilio Álvarez
Basilio Álvarez (Ourense 1877-Tampa1943) foi una figura decisiva na historia da Galicia do primeiro terzo do século XX. Crego, xornalista, activista, agrario, político, avogado…, este home polifacético deixou a súa pegada orixinal nos seus diversos campos de actuación. Impulsor da prensa de masas, presidente do Centro galego de Madrid, parlamentario en dúas lexislaturas nas ringleiras do Partido Radical durante o período republicano, atípico exiliado a comezos da guerra civil ou propagandista da causa republicana por terras americanas.
A súa escandalosa vida persoal, os seus excesos retóricos ou as innumerables anécdotas que recolleron políticos, xornalistas e escritores contemporáneos permitíronlle seguir vivo na memoria popular ata o día de hoxe. Esta biografía, en palabras dos seu autor “tenta reconstruir o periplo vital desta forza da natureza botando man da maior variedade de fontes posible para separar mito e realidade e tentar entender que foi este home inclasificable e que nos pode dicir sobre a Galicia da súa época e a dos nosos tempos”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.