Sinopse de La transformación de una ciudad. Ourense (1880-1936)
Esta obra publicada dentro do Plan anual de Publicacións da Deputación, se achega ao Ourense da restauración, unha época que marcou o alba da coñecida como Atenas de Galicia grazas ao ritmo evolutivo compasado que imprimiron á cidade personaxes como Vázquez Gulías e Conde Fidalgo en arquitectura, e Vicente Risco, Otero Pedrayo, Primitivo Rodríguez Sanjurjo ou Florentino López Cuevillas na cultura.
O presente traballo de investigación ocúpase do estudo da arquitectura e o seu medio urbano na cidade de Ourense desde os anos da Restauración ata a Guerra Civil. Previamente analiza aspectos como sociedade, política ou cultura, básicos para unha historia que pretende ser tamén das mentalidades, e necesarios para elaborar un discurso teórico.
Como principal obxectivo preténdese ofrecer unha visión íntegra da cidade nun período fundamental da súa historia: dunha cidade que foi punto de converxencia de camiños cruzados por unha vía que, desde Castela conducía ata a costa suroeste de Galicia.
O estudo da obra realizada -e a non realizada- de arquitectos como Daniel Vázquez-Gulías Martínez (1869-1937) ou Manuel Conde Fidalgo (1897-1984), pero tamén de Antonio Crespo, José Antonio Queralt , entre outros, contribúe á dea de cidade entendida como realidade aberta e non como estrutura pechada, con actividade diacrónica e posibilidades de cambio, #de acordo con a formulación urbanística da escola italiana e de Aldo Rossi.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.