Sinopse de San Miguel de Bóveda. Monasterio, señorío y vasallos en la Edad Moderna
O mosteiro de San Miguel de Bóveda é outro exemplo de mosteiro feminino benedictino de fundación laica, neste caso ben documentada, e que permanece suxeita a esta ata o século XV. Símbolo da persistencia das estruturas eclesiásticas plenomedievales en Galicia e a limitada implantación da reforma gregoriana. Antes da Reforma Observante dos Reis Católicos o mosteiro feminino vese forzosamente anexionado ao masculino de San Clodio, o que pon fin á vida monástica converténdose nun mero priorado administrativo do mosteiro masculino. Ademais do estudo de señorío xurisdicional e solariego, o traballo pon especial atención na forma de vida e explotación da terra das súas vasallos. Un traballo pormenorizado permite aproximarnos á diferencial produtividade e dispoñibilidade de víveres e alimentos das familias do século XVIII, así como ao interior dos domicilios de campesiños e eclesiásticos da época. O traballo acompáñase dunha selección de documentos inéditos que abarcan do século XII ao XVIII.




Reseñas
Aínda non hai valoracións.