Sinopse de El señorío de San Pedro de Lobás en la Edad Moderna
Lobás foi un mosteiro benedictino feminino fundado en data descoñecida, que chega ao século XV baixo control laico, cando a Reforma Observante dos Reis Católicos provoca a súa anexión a Antealtares poñendo fin á súa vida monástica. No presente estudo se analiza a configuración do seu señorío dominical e xurisdicional e a súa xestión, que deron soporte a Lobás, primeiro, e a Antealtares, despois. Destacan as disputas cos condes de Lemos e Monterrey en aras a creación da súa propia xurisdición en torno ao mosteiro nos séculos XVI e XVII, que logra por sentenza da Chancillería de Valladolid. O señorío e as súas formas definiron o marco no que viviron os habitantes dos seus dominios. Nun segundo bloque analízase a estes, os vasallos, poñendo especial atención no século XVIII: as formas familiares, a explotación da terra e os recursos pecuarios, a forma das vivendas e o mobiliario que definen as diferenzas sociais entre unhas familias e outras.



