O milagre da pedra no tempo | A Santa Comba de San Trocado

Suso Díaz Estévez

15,00 €

SKU: Z-0611 Categoría:

Sinopse de O milagre da pedra no tempo | A Santa Comba de San Trocado

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as aras romanas, o rumor monacal e a maxia dun espazo onde o tempo parece deterse para escoitar o sagrado.

A través de cen composicións poéticas —que dialogan entre a poesía discursiva e a síntese evocadora do haiku— e acompañadas por unha serie de ilustracións de trazos sinxelos do propio autor, este libro convídase como unha viaxe sensorial e espiritual. Unha homenaxe necesaria a ese «milagre de pedra» que nos define, que cura as feridas da alma.

 

O milagre da pedra no tempo | A Santa Comba de San Trocado

Autor Suso Díaz Estévez
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2026
Idiomas Galego
Encuadernación Il cor ; 23 x 17 cm. ; cosida
Nº de páxinas 148
ISBN 978-84-16643-83-7
Depósito Legal OU 198-2026