Sinopse de Ordenación medieval do mercado auriense
Esta obra foi elexida no concurso de Publicaciones da Deputación e publicada no marco do Plan Aual de Publicacións do ano 2020.
O xurdimento durante a Idade Media das institucións que logo se considerarán definitorias da modernidade é un tema apaixonante.
En palabras de Pablo Raúl Bonorino Ramírez, Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo, “nesta obra poderán acceder ao xeito no que as normas deron orixe ao mercado na cidade de Ourense. O traballo de investigación sobre os documentos orixinais, realizado por Alberto Pascual, é sumamente valioso, porque proporciona datos relevantes, que amosan que os mercados non son formas naturais que asumen os intercambios económicos cando se dan certas condicións sociais, senón que son creacións xurídicas”.




