Adrán e a fábrica de xeo. [XVII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Begoña Graña e María José Rodríguez

5,00 

Esgotado

Descripción

Begoña Graña gañadora do premio de narración.

María José Rodríguez gañadora do premio de ilustración.

XVII PREMIO PURA E DORA VÁZQUEZ

 

Sinopse de Adrán e a fábrica de xeo. [XVII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Adrán ten nove anos, vive en Madrid pero este verán vai pasar as vacacións en Galicia coa súa avoa. Na aldea coñecerá a Yemira e Lamine, dous rapaces emigrados dende afastados continentes. Xuntos atraparán un quiróptero, xogaran ó plic-plac contarán watuchis e farán divertidos experimentos aprendendo sobre Bernoulli, Arquímedes , Arrhenius e o cambio climático. Pero algo pasará na fábrica de xeo que os porá en perigo.

A obra foi merecedora no ano 2020 do XVII Premio de literatura infantil e xuvenil «Pura e Dora Vázquez», na modalidade de narración e ilustración.

O texto ten un propósito pedagóxico e de divulgación científica que ofrece unha oportunidade de aprendizaxe, ao ser capaz de prantexar xogos por medio de experimentos. Ademais abonda nas relacións interxeneracionais, e pon o foco en temas de actualidade, como por exemplo co tema dos migrantes, dando así unha perspectiva intercultural.

 

Adrán e a fábrica de xeo. [XVII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Autores Begoña Graña e María José Rodríguez
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2020
Encuadernación 21x14,5cm il: color
Nº de páxinas 91
ISBN 978-84-16443-33-2
Depósito Legal OU-11-2021