Sinopse de A uva acedohíbrida de forxán ou do humos gráfico galego
Efectúa o autor neste libro un extenso percorrido por toda a obra de Forxán, José María Pérez Forxán, nado ‒ao parecer con demora‒ en 1925 na aldea de Rons (Negreira) e un tanto descoñecido, non para os humoristas, senón para o gran público, por vivir o seu traxecto profesional en Madrid. Ao longo do armazón dos oito aparatados que contén o texto, á parte de datos preliminares e biográficos, atopamos as materias de fondo deste estudo. Sobre o humor galego, conciencia de Galicia e o ‘galego’ e o peculiar sentido do humor; os antecedentes e fitos referenciales; os detalles específicos do humor de Forxán, de carácter xeral e técnico, elementos de composición e ambientais, personaxes, técnicas e temas de composición. Todo iso mostra como o autor non se detén no humor gráfico do personaxe analizado, senón que o estuda no seu contexto, que non é outro que o do humor galego e as súas circunstancias. Por todo iso, resulta a obra unha achega fundamental para quen se interesa no coñecemento do humor gráfico galego. Complétase a obra cunha especie de anexo de textos literarios, elaborados polo propio Forxán, o cal constitúe unha faceta descoñecida do debuxante, mesmo para os seus colegas, complementaria da súa mala-boa uva, que segue sendo híbrida.




