Sinopse de Los Rodríguez. Una saga en la ebanistería ourensana
O libro foi seleccionado no concurso de Publicación da Deputación. A través da familia Rodríguez, que ao longo de case cen anos viviu dedicada á elaboración e venda de mobles en Ourense, os autores rozan o camiño practicamente inédito da historia da ebanistería ourensá, para que investigadores e curiosos do tema teñan un punto de partida e así contribuír con esta achega a un maior coñecemento do moble galego.
Debido á extensa produción de “Mobles Rodríguez”, o libro céntrase no moble de estilo español por ser o que maior traballo artesanal e artístico requiría e tamén porque na primeira metade do século XX converteuse en símbolo de distinción e condición social dunha clase media urbana emerxente. Este último feito ha permitido que aínda hoxe un número elevado de comedores e despachos, así como outros mobles accesorios, continúen en mans de descendentes dos compradores, o que facilitou en moitas ocasións a investigación. Contén exemplos e descripcións dos mobles e tamén narra a historia da familia e a historia do oficio da carpintería a fins do século XIX e principios do XX en Ourense.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.