Sinopse de Ribeirana do Sil e A noite. Poesía completa de Xosé Fernández Ferreiro (Edición facsimilar)
Ribeirana do Sil é o primeiro libro que publica o escritor Xosé Fernández Ferreiro, nado na aldea Espartedo, no concello de Nogueira de Ramuín. Edición do propio autor que ve a luz en 1952, contén 29 poemas xuvenís, que teñen o amor, o río Sil e a paisaxe como referentes principais. Aparecen nel algúns dos temas que serán recorrentes na súa obra narrativa e xornalística posterior: a morte, a noite, o medo, a soidade ou o pecado.
A noite supón un enorme salto dende o punto de vista estilístico por parte do autor, que se incorpora con este libro á vangarda da poesía galega do seu tempo. Editado en 1959 en Madrid polo grupo Brais Pinto na súa colección de poesía, a protagonista é a noite, nuns textos surrealistas no que un vello e una nena dialogan entre si e coa propia noite e no que aparecen por primeira vez nomes como Ulcis e Ertí que veremos logo en relatos en novelas. O deseño de cobertas e imaxe interior son traballo de Reimundo Patiño, componente do grupo.
A deputación conserva o arquivo personal deste autor e a ilustración da portada pertence a dito fondo.


Reseñas
Aínda non hai valoracións.