Sinopse de San Pedro de Rocas: Un emeritorio rupestre altomedieval
O presente libro surxe da tesis de Licenciatura de Ana Mª Malingre titulada Eremitorios rupestres altomedievais: o exemplo de San Pedro de Rocas e presentada en 1992 na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo é unha investigación e recopilación dos datos existentes sobre o mosteiro que, ata esa data, publicaran diversos autores e estaban dispersos en diferentes traballos. Tamén, e por primeia vez, presentase a este mosteiro de San Pedro de Rocas como un exemplo de arquitectura eremítica altomedieval, incluindoo no marco doutras arquitecturas desa época.


