Sinopse de La escultura pública en Ourense (1887-2022)
A Deputación de Ourense pon ao dispor dos lectores esta obra de Mercedes Galego Esperanza, que conta con acreditada experiencia na materia da que trata pois obre isto versa a súa tese doutoral, ademais de escribir xa hai uns anos Evocacións en pedra e bronce. A escultura pública en Ourense, o primeiro libro publicado en Galicia sobre este tema.
Con esta nova publicación, Mercedes Gallego amplía e actualiza –cun enfoque diferente– os seus estudos sobre a escultura pública en Ourense, un tema que, nas últimas décadas, é máis visible e valorado.
O libro pon en valor e divulga o noso patrimonio escultórico para loitar pola súa preservación, para concienciar da súa importancia cultural e colaborar na catalogación dos nosos bens artísticos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.