Sinopse de Aires d´a miña terra. (3ª ed. corregida y aumentada)
Poñemos á súa disposición a edición facsimilar da terceira edición de Aires da miña terra, obra dun dos grandes da literatura galega, Manuel Curros Enríquez, un dos catro pés —xunto con Valentín Lamas Carvajal, Pondal e a gran Rosalía— do que vén en chamarse «Rexurdimento Galego». A idea de facer esta edición foi da Fundación Curros Enríquez que a presentou ao concurso de Publicacións da Deputación do ano 2022. Esta edición contén tamén un limiar de Felipe Ferreiro e unha explicación de Antonio Piñeiro dos motivos da súa publicación.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.