Sinopse de Dende Auria. Reflexións sobre arqueoloxía e historia 2
A obra é o segundo volume recompilatorio dos artigos publicados na sección “Ilustres” do diario Faro de Vigo. A obra ten catro apartados: o primeiro reúne varios relatorios sobre a historia da provincia a través de xacementos e outros vestixios: os primeiros humanos, dolmens, os primeiros metalurgistas, a presenza de Roma, os primeiros cristiáns e monumentos como a capela de Porto Vello, San Xés de Francelos ou Santa Comba de Naves. Rescata do esquecemento antigas escavacións arqueolóxicas, caso do Coto do Monasteiro.
O segundo apartado aborda ensaios antropolóxicos como a etnoarqueología, as arcadias, os mouros, incluso a gastronomía cultural ou o feísmo.
O terceiro xunta temas heteroxéneos: tecnoloxía cartográfica aplicada á arqueoloxía, cuestións paleoclimáticas, calendarios históricos, as eleccións en Roma ou condenas como a crucifixión e a “damnatio memoria”.
O último dedícase á arqueoloxía e á historia monumental de Ourense. Explica a súa orixe e evolución da cidade, a importancia das fontes termais e do deus que moraba nelas, ou as escavacións máis importantes. Non faltan dúas recensións sobre a contribución de Vicente Risco e Florentino Cuevillas ao estudo do noso pasado.





Reseñas
Aínda non hai valoracións.