Descripción
Coord.:José María Eguileta Francoe Celso Rodríguez Cao.
Contén textos de: Pedro Araujo Nespereira José Ángel Cid Fernández, Isabel Delgado Outeiriño, Roberto Yebra Crespo, Mª Cruz González Rodríguez, Luis Cordeiro Maañón, Alicia Colmenero Fernández, Miguel Ángel López Marcos, Luis Francisco López González, Yolanda Álvarez González, Manuel Jorreto Díaz, Pablo Falcón Novoa e Elvira Carregado Pazos.
Sinopse de Aqva, divi, vrbs. Agua, dioses y ciudad. Excavaciones arqueológicas en As Burgas (2005-2011)
Este traballo se presentou ao Concurso de Publicacións da Deputacion do ano 2016.
É unha obra colectiva na que arqueólogos, historiadores, restauradores, xeólogos, arquitectos, expertos en reconstrución virtual e outros profesionais explican As Burgas dende as súas miradas. José María Eguileta e Celso R. Cao coordinan unha serie de traballos para ampliar a información das escavacións arqueolóxicas que forn promovidas polo Concello de Ourense no enclave termal das Burgas. Amplían información sobre o funcionamento xeolóxico das fontes, a romanización do noroeste e o nacemento de Ourense, a explicación relixiosa e social dos epígrafes dedicados ao deus Revve Anabaraego, o enclave das Burgas no nacemento e extensión da cidade romana de Ourense, a reconstrución virtual dos baños termais e santuario do deus, a consolidación e musealización dos restos arquitectónicos descubertos, a creación do Centro de Interpretación arqueolóxico-termal e o destino que as diversas planificacións urbanísticas previron para as Burgas ao longo do tempo.