Sinopse de Arqueoloxía do viño. Os lagares rupestres da comarca de Monterrei
Obra que trata sobre os lagares rupestres, estruturas etnoarqueolóxicas que serviron, desde a Idade Media, ou mesmo no mundo romano, para facer algo impensable nos nosos días: vinificar entre as viñas. Sobre este tema, en Galicia, está case todo por investigar, sendo a comarca de Monterrei, quizais a mellor estudada, pois a bisbarra conta cun total de 42 lagares rupestres catalogados. Este libro serve para apoiar a conservación e a posta en valor destes lagares rupestres en Galicia en xeral, e do val de Monterrei en particular.
Foi aprobado para a súa edición non concurso de publicación da Deputación do ano 2016.

