O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo nos séculos XII-XVI

Ana María Gordín Veleiro e Luisa de la Ascensión Peña Pérez

9,00 

Sinopse de O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo nos séculos XII-XVI

Esta obra foi elixida, para ser editada, no concurso de Publicacións da Deputación de Ourense do ano 2018. Foi froito do esforzo e da colaboración de Ana Mª Gordín Veleiro e Mª Luisa Peña Pérez, é un excelente exemplo da capacidade da historia para entusiasmar a quen a estuda e das indubidables vantaxes do traballo en equipo.

Licenciadas en Xeografía e Historia, Ana e Marisa decidiron seguir sacrificando boa parte do seu tempo libre matriculándose no programa de doutoramento “Sociedade, Poder e Cultura na Historia” e, unha vez superado o período de docencia, elixiron compartir a historia medieval do mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo como tema dos seus respectivos traballos de investigación.

O seu estudo obtivo como resultado o traballo que presentaron ao concurso, e que se pode ver nesta obra.

Estudan o couto monástico, o dominio territorial e as rendas percibidas pola súa explotación, a composición da comunidade monástica e, por último, as relacións sociais que os monxes establecen coas institucións relixiosas, a monarquía, a aristocracia e o campesinado. Todo baseado na documentación conservada nos arquivos Catedralicio e Histórico Provincial de Ourense, que abarca un total de 87 documentos, datados entre os anos 1123 e 1526, e recollidos no apartado da colección documental, coa transcrición completa dos textos e os índices que identifican ás persoas e lugares que neles se citan.

O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo nos séculos XII-XVI

Autores Ana María Gordín Veleiro e Luisa de la Ascensión Peña Pérez
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2018
Idiomas Galego
Encuadernación Il. b/n ; 24 x 17 cm. ; rústica
Nº de páxinas 240
ISBN 978-84-16443-21-9
Depósito Legal OU-404-2018

Información adicional

Ano

2018