Sinopse de La ilustración en la revista Nós
En abril de 1983 a Deputación de Ourense publicou a primeira edición deste libro que contén un estudo de María Victoria Carballo- Calero, referido ás ilustracións da revista Nós.
Esta revista comezou a editarse en Ourense, o 30 de outubro de 1920, baixo a dirección de Vicente Risco, e con Arturo Noguerol como xerente. En palabras de Antonio Bonet Correa, director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, “todos os movementos da época están alí presentes: expresionismo e poscubismo, purismo e realismo obxectivo mestúranse ao simbolismo e ao modernismo aínda decorativistas e románticos, de cargados sentidos emocionais”.
A Deputación Provincial de Ourense, institución que conserva unha das escasas coleccións completas da publicación periódica, redita este libro en 2020 para conmemorar o centenario da revista, cun novo deseño, moito mais actual dentro do Plan Anual de Publicacións do ano 2020.

