Descripción
José Domínguez González e Roberto O. Bustillo Bolado (coord.). Son tamén autores: Lino Blanco Penedo, Luis Manuel García Mañá, David Simón Lorda, Xaqueline Estévez Gil, María Victoria Rodríguez Noguera, Mónica Minoshka Moreira Martínez, Antonio Roma Valdés, Ana Isabel C. Heras, Enrique Bande Rodríguez, Gerardo Flórez Menéndez, Emilio González Fernández, Fernando Serrulla Rech, Margarita Sanín Matías
Sinopse de Romasanta. Historia real de una leyenda
En marzo de 1991 a Deputación publicou O home do unto (Blanco Romasanta, historia real dunha lenda). Treinta anos despois, edítase este libro. Aquel traballo xurdira a partir do que ata entón fora unha historia de arredor da lareira nas noites de inverno, referidas a un ser maldito que devoraba a mulleres e nenos, aos que literalmente cocía en grandes potes para sacarlles o unto e con quen o mellor era non toparse nunca. Coa publicación este ser pasou a non ser só lenda, senón que tiña nome e apelidos, Manuel Blanco Romasanta, que había vivido ao final do século XIX. Isto que hoxe pode parecer unha obviedad non o era entón.
Treinta anos despois o nivel de coñecemento do individuo e das súas peripecias nada ten que ver co de entón. É moito o que se ten escrito e falado de Manuel Blanco Romasanta e moitos os estudosos e investigadores que se foron sumando á tarefa. Todo para encadrar agora, moito máis que entón, ao personaxe no seu papel, discernir entre feitos e lenda. Este traballo que publica a Diputación Provincial de Ourense é unha selección do que fixeron unha vintena de persoas ao longo do tempo transcorrido desde entón, tomando como referencia ao personaxe e aos feitos propiamente ditos e descartando para esta ocasión hipóteses e teorías que algúns desenvolveron.