Sinopse de La música medieval en Celanova: un manuscrito del siglo XII: AMSMS9
Esta obra foi elixida para ser editada no concurso de Publicacións da Deputación de Ourense do ano 2018.
No mosteiro de Silos (Burgos) consérvase un Breviarium plenarium ou Antiphonarium Officii coa denominación AMSMs9; manuscrito case completo (só falta un caderno pequeno e a maior parte do primeiro folio) de finais do século XII, con gran riqueza textual e musical. Podemos asegurar que procede do mosteiro de San Salvador de Celanova (Ourense). Todas as comunidades autónomas de España tentan recuperar o seu patrimonio musical. Tamén en Galicia catalogamos e estudamos todos os fragmentos de música medieval que se conservan nos diferentes arquivos, e o códice da catedral de Lugo. Faltaba por estudar musicalmente este manuscrito (AMSMs9), para completar toda a documentación medieval conservada en Galicia ou relacionada claramente coa devandita procedencia. Con este traballo Rey Olleros tenta recuperar unha parte relevante da música medieval galega relegada ao esquecemento e que tivo moita influencia na música popular.

