Sinopse de La huella en Ourense del Zamora 8. El histórico regimiento de infantería y su impronta en Ourense
Este libro é unha memoria viva, abundantemente ilustrada, das relacións que durante máis de corenta anos mantivo o Rexemento de Infantería Zamora 8, O Fiel coa cidade de Ourense, polo que, pouco antes de ser disolto, mereceu a súa Medalla de Ouro. Ademais de ser coidadoso conservador do claustro do que fose cenobio de San Francisco, a presenza deste rexemento na vida social e cultural foi moi notable. Á parte do percorrido histórico sobre o vello Terzo de Bobadilla, o libro recupera en forma de álbum un valioso material gráfico extraído dos propios arquivos desta unidade antes de que desaparecese. A publicación é, pois, ao tempo, unha crónica histórica e sentimental que evoca tempos pasados que deben ser lembrados. Miles de ourensáns e galegos foro os seus protagonistas.
Foi aprobado no concurso anual de Publicacións da Deputación.


Reseñas
Aínda non hai valoracións.