Sinopse de Cadernos do Instituto de Estudios Valdeorreses 1-2
O Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) é unha das asociacións culturais máis interesantes desta provincia. Dedicada desde sempre a difundir o patrimonio da comarca na que se atopa, destaca pola súa antigüidade, pois comezou a súa andaina en 1979. Son escasas as asociacións que perduran tanto no tempo e cun labor tan interesante.
O presidente do IEV dirixiuse a esta institución interesado na publicación facsimilar dos dous primeiros números dos seus Cadernos do Instituto, con gran demanda entre os valdeorreses, e a Deputación, para conmemorar os 45 anos de actividade desa asociación, incorpora ao Plan Anual de Publicacións do 2024 esta edición facsimilar coa que obsequia ao Instituto para que leve a cabo unha distribución non venal no seu territorio.