Castromao

Francisco Fariña Busto e Luis Orero Grandal

12,98 

SKU: P-0593 Categorías: ,

Sinopse de Castromao

Castromao (Celanova)

Esta Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe  e coñecer  algún dos elementos que configuran a paisaxe e a historia de Galicia.Por esta razón ofrece unha dobre posibilidade para poder ser lida dende casa —o que fai precisa a incorporación dun amplo repertorio gráfico que facilite a súa comprensión— ou percorrendo o xacemento arqueolóxico,  seguindo o itinerario sinalizado existente, e co apoio do aparato gráfico  valorar mellor o que se ve.O seu contido  permite achegarnos ao xacemento, entendelo no seu contexto  xeográfico e cultural, para seguidamente percorrer  a historia da investigación e dos traballos que alí se executaron. Continuase coa descrición pormenorizada  da escavación e dos seus resultados, así como das cronoloxías dos diferentes espazos estudados e dos problemas de interpretación existentes. Finalmente se completa cunha mostra  dalgúns dos elementos arqueolóxicos encontrados nos traballos.Os autores son Luis Orero e Francisco Fariña.

Luis Orero Grandal, nacido en Ourense, onde reside,  en 1952, é  licenciado en Xeografía e Historia pola USC, arqueólogo e director dos traballos arqueolóxicos en diversos xacementos ourensáns como O Coto do Mosteiro e o propio Castromao, onde dirixiu as campañas de intervención entre 1992 e 2008. Foi arqueólogo municipal de Celanova de 2004 a 2017. É autor de numerosas publicacións da súa especialidade. Francisco Fariña Busto, nacido en 1949 e residente en Ourense, é licenciado en Filosofía e Letras pola USC.  Membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos con destino en Ourense onde foi Director do Museo entre 1975 e  2010. Patrón fundador do Museo do Pobo Galego e Académico correspondente da Real Academia da Historia dende 1990. Foi director das escavacións en Castromao entre 1975 e 1984. É autor de numerosas publicacións sobre temas arqueolóxicos, de museos, históricos e artísticos.

 

 

Castromao

Autores Francisco Fariña Busto e Luis Orero Grandal
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2024
Idiomas Galego
Encuadernación Il col. ; 25 x 20 cm ; tapa rústica
Nº de páxinas 178
ISBN 978-84-16643-66-0 / 978-84-88522-41-2
Depósito Legal OU 266-2024

Información adicional

Ano

2024