Acisclo. Escultor. (Colección “Artistas Orensanos”).

María de las Mercedes Gallego Esperanza

50,00 

Sinopse de Acisclo. Escultor. (Colección “Artistas Orensanos”).

O escultor ourensán Acisclo Manzano ocupa desde finais do século XX unha das páxinas máis importantes da historia da escultura galega. Desde que irrompe, na década dos sesenta, no conservador ambiente artístico ourensán, cunha formación autodidacta e unha personalidade artística singular, foise fraguando o escultor que hoxe coñecemos que, apartado de modas, segue afirmando a súa liberdade.
O libro fai un percorrido pola súa traxectoria tomando como referente un extenso grupo de obras ás que o propio Acisclo denomina “As que chove por elas”. Un concepto que vai máis aló do habitual de escultura pública, xa que inclúe tamén aquelas que, aínda que non se atopen en espazos abertos, cumpren o requisito de fácil accesibilidade.

Fotografía de Mani Moretón.

 

Acisclo. Escultor. (Colección “Artistas Orensanos”).

Autor María de las Mercedes Gallego Esperanza
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2016
Idiomas Castellano
Encuadernación 29,5 x24 cm., il. color, tapa dura con solapas y camisa
Nº de páxinas 208
ISBN 978-84-16643-01-1
Depósito Legal OU-283-2016