Sinopse de Afonso o Sabio e Ourense
Trátase da edición revisada e comentada do opúsculo feito por Cid Rumbao en 1980 con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas a Afonso X.
A obra iníciase cunha achega biográfica do seu fillo, Alfonso Cid González, e unha reflexión sobre Afonso X e a celebración do día das Letras Galegas de 1980 en Ourense por parte de Vázquez-Monxardín. Na edición orixinal, o autor non fai referencias bibliográfica s nas abondosas citas utilizadas, nesta revisión, que ocupa 130 páxinas, hai 117 notas aclaratorias tanto das fontes concretas que el utilizou para cada cita, como da valoración crítica das súas opinións históricas desde a perspectiva actual.




Reseñas
Aínda non hai valoracións.