Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Patricia Arias Chachero

13,00 

Sinopse de Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo

É unha publicación moi completa sobre a figura de Primitivo Rodríguez Sanjurjo, persoa clave na renovación de ideas do Ourense das primeiras décadas do século XX.

A obra comeza cun estudo do percurso vital do autor (relacións, estadías en Estados Unidos, volta á península, etc.) de 62 páxinas. Transcríbense e coméntanse as 38 misivas enviadas por él a Otero Pedrayo entre 1916 e 1946.

Dúas seleccións de textos (unha de libros e inéditos do autor, e outra sobre o autor -de Otero, Risco, Cuevillas, Borges e Rafael Cansinos Assens) preceden a tres lembranzas da súa filla única, Josefina, elaboradas pola escritora Julia Sáez Angulo, un anexo fotográfico con 29 imaxes, e  un completo índice onomástico das persoas que aparecen citadas nas cartas.

A obra foi escollida polo Consello Asesor de publicacións da Deputación no Concurso para selección de obras para a súa edición ou coedición pola Deputación no ano 2015.

Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su epistolario con Otero Pedrayo

Autores Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Patricia Arias Chachero
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2015
Idiomas Castellano
Encuadernación Il.: bitono. 24 x 17cm. Rústica
Nº de páxinas 192
ISBN 978-84-92554-95-9
Depósito Legal OU-284-2015