Sinopse de Santa Eufemia de Ambía. Mirada prerrománica
A provincia de Ourense, entre moitos outros recursos, destaca polo seu importante patrimonio arquitectónico, un patrimonio que é o testemuño vivo dunha historia milenaria que foi configurando o que somos, vivimos e sentimos hoxe en día.
Esta publicación, ve a luz grazas ao concurso de publicacións da Deputación de Ourense do año 2021. É unha mostra máis da abundante riqueza patrimonial desta provincia.
A igrexa de Santa Eufemia de Ambía é un dos numerosos Bens de Interese Cultural (BIC) cos que conta Ourense, e está declarada como tal desde o ano 1931. A construción deste templo está datada no século X, o que a converte nunha das xoias prerrománicas da provincia. Este libro de Enrique Fernández Vila pretende achegarnos e profundar na historia desta igrexa, a través da análise arquitectónica e historiográfica dos diferentes elementos que configuran a identidade deste templo. É unha obra fundamental para coñecer en profundidade a singularidade desta arquitectura.


Reseñas
Aínda non hai valoracións.