Sinopse de Ourense no tempo. Imágenes con historia, historia en imágenes
Rafael Ángel Salgado Sánchez é un ourensán apaixonado pola fotografía antiga. No ano 2008, por diversión, comezou a recompilar antigas fotografías da cidade e da provincia de Ourense, coa intención de documentar e datar cada unha delas. Para poder compartir os seus achados, abriu nas redes o blog “Ourensenotempo.com” no que mostraba diariamente, polo menos, unha destas fotografías. Co tempo este blog persoal foi adquirindo visibilidade e os seus adeptos eran cada vez máis esixentes, á vez que colaboraban achegando novas fotografías e datos. Rafael Salgado, tras máis de quince anos de traballo, conserva máis de 100.0000 imaxes dixitais da cidade de Ourense. Sendo xa coñecido o seu traballo, o diario La Región empeza a publicar unha selección de artigos coas súas entradas no blog, colaboración que se mantén aínda hoxe coa publicación de máis de 900 artigos, algúns dos cales forman parte deste libro.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.