Sinopse de Ogando, o irmanciño e a cultura verde
Editado coa colaboración da Fundación Casdemiro, que foi constituída en febreiro do 2006 e ten entre outros fins, promover a edición de traballos científicos e literarios relacionados co seu fundador, Xulio Ogando Vázquez. E por ese motivo contactan coa Deputación de Ourense para a publicación desta obra.
O autor, Carlos Rodríguez Dacal, doutor en bioloxía, aproveita esta ocasión para facer un estudo das árbores monumentais de Galicia a través do selecto catálogo da provincia ourensá no que teñen cabida algúns rexistros do patrimonio perdido encabezados por O irmanciño, expoñente por excelencia da cultura verde.
Nesta historia se relacionan varios protagonistas, a figura inesquecible de Ramón Otero Pedrayo, o pazo de Cimadevila e unha araucaria ( Irmanciño de Otero Pedrayo), árbora prantada no pazo n día do nacemento de don Ramón.
Tamén se fai unha semblanza de Xulio Francisco Ogando Vázquez.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.