Descripción
Miro Villar gañador do premio de narración.
Lola Lorente gañadora do premio de ilustración.
V PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PURA E DORA VÁZQUEZ
0,00 €
Esgotado
Miro Villar gañador do premio de narración.
Lola Lorente gañadora do premio de ilustración.
V PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PURA E DORA VÁZQUEZ
Na aldea de Santa Uxía, aló no alto da montaña e na casa máis afastada, naceu un rapaciño pequeno e bonito, ao que acordaron chamarlle Fiz. Toda a aldea o celebrou pois só había sete cativos e nos dous últimos anos non nacera ningún. Cando tiña dous anos, a nai deuse conta de que ao lonxe non vía ben, polo que o pai levouno ao oculista á vila, a Vilancosta, que lle diagnosticou miopía. Foron logo á cidade, a Pontelonga, para comprar os lentes, nunha viaxe de máis de dúas horas no autobús chea de sobresaltos e que aproveitan para facer moitas cousas. Un día foi cos pais á feira da vila e tamén fixeron moitas cousas. Despois van a xantar a casa dunha amiga e alí o neno vai con esta a unha cova onde teñen cen peripecias para saír. Fiz co seu nariz percibiu o cheiro dos bidueiros do río e guiounos ao exterior. Onde xa estaban os pais, preocupados pola tardanza dos rapaces. E dende entón o nariz de Fiz fíxose famoso en toda a comarca. Aínda que non o sacaron na televisión, porque naquel tempo aínda non se inventara.
| Autores | Arximiro Villar González e Lola Lorente |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Deputación Provincial de Ourense |
| Ano | 2008 |
| Idiomas | Gallego |
| Encuadernación | Il.: Cor. 21 x 15 cm. Rústica |
| Nº de páxinas | 118 |
| ISBN | 978-84-96503-77-9 |
| Depósito Legal | OU-54-2008 |
| Ano | 2008 |
|---|
Reseñas
Aínda non hai valoracións.