Descripción
Pablo Nogueira Campo gañador do premio de Narración.
Eva Piay gañadora do premio de Ilustración.
5,00 €
Esgotado
Pablo Nogueira Campo gañador do premio de Narración.
Eva Piay gañadora do premio de Ilustración.
O texto de Pablo Nogueira foi o gañador do Premio de narración e as ilustracións de Eva Piay gañaron o premio de ilustración.
A obra está concebida desde unha perspectiva inclusiva, e da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia. Pon en valor o medio natural e a necesidade do seu coidado. Destaca a figura do avó incidindo, de paso, nas relacións interxeneracionais. Ten unha escritura moi coidada e rica na que se empregan variadas referencias a personaxes históricos e literarios, o que promove a posibilidade de diversificar os itinerarios lectores e de fomento da lectura. Todo isto converte este texto nun bo recurso literario para mestres e mestras no seu traballo de aula.
As ilustración son moi estéticas e acabadas. Están moi equilibradas, e teñen moita coherencia co texto gañador, permitindo unha lectura visual moi clarificadora para o lector infantil. O seus amplos planos dan lugar a imaxinación ofrecendo panorámicas e contextos diversos, e representan perfectamente a idea da diversidade que ofrece a narración.
| Autores | Elena Piay e Pablo Nogueira Campo |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Deputación Provincial de Ourense |
| Ano | 2022 |
| Idiomas | Galego |
| Encuadernación | Il. col. ; 21,00 x 14,50 cm ;tapa blanda con solapas |
| Nº de páxinas | 112 |
| ISBN | 978-84-16643-39-4 |
| Depósito Legal | OU-001-2022 |
| Ano | 2021 |
|---|
Reseñas
Aínda non hai valoracións.