O Carballiño 1969-1979. Álbum fotográfico da vila do Arenteiro

Xosé Manoel Rodríguez González

20,00 

Esgotado

SKU: P-0422 Categorías: ,

Sinopse de O Carballiño 1969-1979. Álbum fotográfico da vila do Arenteiro

Esta obra, ten a pretensión de dar a coñecer un completo dossier de case 350 fotografías da vila do Carballiño. Este traballo comenzou no ano 1992 coa recollida de fotos coa idea de facer un libro O Carballiño, vellas historias, vellas fotografías. 1870-1970. Un mundo de imaxes aflorou entre os veciños que xenerosamente quixeron pescudar nos seus álbums privados na procura da foto curiosa que puidese enriquecer as páxinas que despois se materializarían en patrimonio visual de todos os carballiñeses. Aquel traballo evidenciou, entre outras cousas, que O Carballiño era rico en fotógrafos, en moitos e bos fotógrafos. Boa parte, só unha cativa parte, desas fotografías que non foron publicadas entón, teñen cabida agora neste volume.

A publicación foi coordinada por Xosé Manoel Rodríguez González pero non sería posible sen o traballo desenvolvido por Xosé Luís Diz. Él asumiu a iniciativa de facerse cargo do escaneado e tratamento das fotografías A selección de fotografías foi levada a cabo entre os materiais aportados por moitos carballiñeses. Este libro conta ademais con textos aportados por M. Anxo Fernández, Manuel Amil Otero, Francisco Fumega, Felipe- Senén López, Xosé Luis Sobrado Pérez, Manuel Vecoña e Avelino Muleiro García.

O Carballiño 1969-1979. Álbum fotográfico da vila do Arenteiro

Autor Xosé Manoel Rodríguez González
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2010
Encuadernación Il.: Bitono. 23,5 x 24,5 cm. Tapa Dura
Nº de páxinas 248
ISBN 978-84-92554-27-0
Depósito Legal VG 643-2010