Sinopse de Chandrexa de Queixa. Patrimonio Natural
Esta obra ten a pretensión de dar a coñecer o patrimonio natural de Chandrexa de Queixa, de forma amena, para que poida chegar a calquera lector que queira descubrir un dos recunchos mais sorprendentes da provincia de Ourense.
Nas súas páxinas, podemos coñecer as circunstancias xeolóxicas que marcaron a orixe e modelaron a paisaxe da zona, a súa historia recente e monumentos singulares; o carácter dos seus ríos e as condicións climatolóxicas, pero tamén a súa paisaxe cos seus árbores e plantas e a súa fauna coas distintas especies deste paraxe. Isto se completa cun breve estudio sobre a demografía e distribución dos seus habitantes, que pon de manifesto a delicada situación na que vive o interior de Galicia.


