Sinopse de La construcción de los saltos del Sil 1945-1965
Trátase dunha coedición entre a Deputación de Ourense e o Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos e relata unha historia que transcorre paralela a das augas do río Sil: a construción dos saltos hidráulicos na cunca do río galego, entre 1945 e 1965, isto é, a historia dos equipos humáns que proxectaron e executaron os aproveitamentos hidroeléctricos. Reconstruída a través das súas propias testemuñas e outros documentos. A historia narra a vida da sociedade Saltos del Sil S.A. nacida no 1945, no Madrid da posguerra española, col único obxecto de desenvolver as concesións no río galego. Impulsada por un pequeno grupo financeiro, Saltos del Sil logrou reunir un equipo de xóvenes enxeñeiros sobre os que recaeu a tarefa de construír á vez e nunha ampla cunca as obras do proxecto. Estes traballos se converten en dobremente difíciles pola escasede dos medios materiais cos que contaron, así como a amplitude dunha comarca ausente de bos medios de transporte na época. A construción dos saltos do Sil é un episodio importante na historia da enxeñeiría española e un capítulo memorable de Iberdrola, sociedade que aglutinou a Saltos del Sil na década dos anos sesenta do século pasado.
O libro conta coa colaboración do Instituto de estudios Valdeorreses, que promoveu a súa publicación e Iberdrola que aportou os seu arquivo fotográfico.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.