Sinopse de Fontes ornamentais de Ourense
A obra As fontes ornamentais de Ourense é o froito dunha compilación de varios artigos escritos e ilustrados por Juan Andrés Hervella Vázquez e que foron publicados no xornal La Región entre os anos 1992 e 2010. Estes artigos, amosados no seu día coa inevitable frugalidade da prensa escrita, son descoñecidos para moitos ourensáns, por iso a Deputación quixo facer esta compilación nunha publicación.




