Sinopse de Oír o galo cantar dúas veces. Identificacións locais, culturas das marxes e construción de nacións na fronteira entre Portugal e Galicia.
A edición desta obra é a consecuencia dun compromiso da Deputación coa Mancomunidade de municipios da Comarca de Verín para a edición de traballos de investigación científica sobre temas antropolóxicos, históricos e arqueolóxicos. Este traballo foi o gañador da XV convocatoria do Premio Xesús Taboada Chivite que convoca a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín para traballos de investigación científica sobre temas antropolóxicos, históricos e arqueolóxicos.
O xurado cualificador estaba formado polo profesor doutor Fernando Acuña Castroviejo, vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, en calidade de presidente; o profesor doutor José Gandra Portela, en representación da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Doutro; o profesor doutor Lourenzo Fernández Prieto, en representación da Universidade de Santiago de Compostela; a profesora doutora Susana Reboreda Morillo, en representación da Universidade de Vigo; o profesor doutor Carlos Francisco Velasco Souto, en representación da Universidade da Coruña e o doutor Antonio Manuel Alves Ramos en representación do Museu da Regiao Flaviense. Actuou como secretario Xosé Antón González Montesinos, en representación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.
A fronteira galaico-portuguesa é una fenómeno cultural complexo. articulado de forma diversa no espazo e no tempo. Este libro fala da cultura fronteiriza, e da cultura da raia.

