Sinopse de Celanova medieval: un recorrido por la historia y el arte del monasterio de San Salvador de Celanova desde el siglo X hasta el siglo XVI
O autor desta obra, o doutor Carlos Míguez González, é un acreditado investigador, cuxa tese doutoral versa sobre este mosteiro benedictino de San Salvador de Celanova, callado de historia, arte e cultura.
Cunha metodoloxía perfectamente definida e concisa, desde o rigor científico e académico, envorcouse na análise exhaustiva das fontes, a historiografía e moitos outros aspectos, como os factores históricos, sociais, espirituais, políticos, económicos e artísticos que determinaron o mosteiro no período medieval. Un percorrido, de dez séculos, no que se pode entender o desenvolvemento artístico con ecos do prerrománico, románico, arte islámica, gótico e mesmo ecos bizantinos e renacentistas. Complementariamente ofrece unha correspondencia temporal de feitos que permiten comprender correlacións nun mesmo momento, como a influencia europea (moi particularmente de Francia, Inglaterra, Italia, Portugal e os imperios germánico e bizantino) e a personalidade do territorio hispánico fortemente definida pola súa mestizaxe cultural (nos seus territorios cristiáns e Ándalus).


Reseñas
Aínda non hai valoracións.