Palabra era un universo paralelo. [VII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura y Dora Vázquez]

Nuria Díaz [Ilustración] e Xoán Babarro González

15,00 

Esgotado

Descripción

Xoán Babarro González gañador do premio de narración.

Nuria  Díaz gañadora do premio de ilustración

Sinopse de Palabra era un universo paralelo. [VII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura y Dora Vázquez]

Narra a historia de María Dolores Castro Cid que, convidada polo seu irmán a participar do seu ciberconto, verase somerxida nun espazo virtual coñecido como o País de Palabra e onde renacerá como unha fada nomeada María Mil Eses. Pero, como en toda historia que se prece, non podía faltar neste mundo alfabético o antagonista da pequena fada: Desa- tado Ventifón. Este, como todos os ventos, gustaba de soprar polos camiños sementando o caos ao seu paso, ata o punto de converter o País de Palabra nun lugar arrasado pola catástrofe. Será nese momento cando a protagonista, consciente do seu propósito no universo paralelo, emprenderá unha viaxe en busca do opresor co obxectivo de restablecer o equilibrio no seu novo fogar.
Un dos aspectos máis característicos da obra é a elección das palabras como elementos constituíntes das edificacións e dos propios cidadáns que habitan neste espazo paralelo.
A historia combina o divertimento e a calidade lingüística e convida o lector a acompañar a súa protagonista nunha aventura na que tras sortear os atrancos atopados no camiño, descubrirá finalmente o significado da solidariedade como o antídoto para acabar coa violencia e a loita características dunha sociedade opresiva, aínda que se aprecia un desequilibrio entre a simplicidade da historia e a complexidade dos símbolos empregados polo autor.

Xoán Babarro González, gañador do VII Premio de Narración Pura e Dora Vázquez e Nuria Díaz gañadora do Premio de Ilustración.

Palabra era un universo paralelo. [VII Premio de literatura infantil e xuvenil Pura y Dora Vázquez]

Autores Nuria Díaz [Ilustración] e Xoán Babarro González
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2010
Idiomas Galego
Encuadernación Il.: Cor. 21 x 14,5. Rústica
Nº de páxinas 75
ISBN 978-84-92554-20-1
Depósito Legal OU-48-2010