Sinopse de Mestre Vide. Obra completa. Volume IV. Zarzuelas
JURADO, JAVIER (COMP.): MESTRE VIDE. OBRA COMPLETA. VOLUME IV. ZARZUELAS
Este libro é o derradeiro volume dunha serie que comprende a obra de José Fernández Vide, máis coñecido como o Mestre Vide. Poñe fin a unha serie de publicacións que se iniciaron no ano 2003 coa publicación do volume titulado Voz e piano: cancións; continuando no ano 2004 coa obra titulada Piano e no ano 2009 con Música coral.




