Padre Manuel Feijóo. Obra polifónica

Padre Manuel Feijoo

23,00 

SKU: P-0468 Categorías: ,

Descripción

Padre Manuel Feijóo (Autor da obra polifónica)

Edición musical (Carlos Núñez Deza)

Sinopse de Padre Manuel Feijóo. Obra polifónica

A Deputación de Ourense dentro da súa liña editorial abarca a edición de obras relacionadas coa música da provincia. Nesta liña de traballos, no ano 2010, a Deputación Provincial contratou a compilación da obra do franciscano ourensán natural de Outomuro en Cartelle, padre Manuel Feijóo, cuxos manuscritos están depositados no arquivo do Convento Franciscano de Santiago de Compostela coa intención de, nalgún momento posterior, publicar a obra musical deste compositor. O traballo consistiu en catalogar os manuscritos, facer unha análise musicolóxica e paleográfica da obra, transcribila e maquetar as partituras orixinais. Traballo que fixo Carlos Núñez Deza e que agora, a Asociación Exorfeonistas do Orfeón Terra a Nosa e Amigos do Padre Manuel Feijoo xunto coa Deputación de Ourense coeditan coa intención de promocionar e difundir a senlleira figura do padre Feijóo.

Padre Manuel Feijóo. Obra polifónica

Autor Padre Manuel Feijoo
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2012
Idiomas GalIego
Encuadernación 33x24,5cm. b/n Tapa dura (Partituras)
Nº de páxinas 172
ISBN 978-84-92554-64-5
Depósito Legal OU-169-2012