Sinopse de O pazo de Piñor
Comprende a historia do Pazo de Piñor, situado no concello de Barbadás, unha arquitectura dunha determinada época que está vinculada inevitablemente á das familias que contribuíron á súa formación.
Tras esta investigación, se chega á conclusión de que é erróneo atribuír a fundación do pazo de Piñor a don GARCÍA DÍAZ DE CADÓRNIGA e á súa esposa, dona Mayor Álvarez de Losada, como se viña facendo ata agora e que o Pazo de Piñor xurde no século XVI a partir da morada de PERO GARCÍA DE PAZOS e foi transformado ata chegar aos nosos días, evolucionando da antiga casa de labranza de Pero García ata chegar a ser a Casa de Lemos ou Pazo de Piñor como se lle coñece na actualidade.
Son moitas as relacións familiares que os moradores do Pazo de Piñor tiveron con importantes liñaxes galegas, entre os que se atopan, entre outros, fillos das casas de Villamarín, Noboa, Puga, Torés, Ferreira, Sarmiento, etc., desde o século XVI ata os nosos días. De todos estos entronques e das modificacións que estes supoñen para o pazo é do que trata este libro.

