Rugando. [IX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Celia Díaz Núñez e Pilar Marcó

10,00 €

Esgotado

SKU: P-0464 Categorías: ,

Descripción

 

Celia Díaz Núñez premio de narración.

Pilar Marcó premio de ilustración.

IX Premio de narración Pura y Dora Vázquez.

 

Sinopse de Rugando. [IX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Rugando é unha historia de ficción que se desenvolve nun escenario real. O espazo polo que se moven os personaxes correspóndese coas terras do Soldón, os cumes do Courel e moitas aldeas como A Seara, Vilarmel, Fisteus, Paradapiñol, Paradaseca, Bendilló… e, principalmente, a ferrería de Rugando.
Moitos destes espazos foron xa literaturizados por algúns dos máis importantes escritores galegos (Ánxel Fole, Eduardo Moreiras, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal…).
A obra se estructura en dúas partes: a primeira sitúase no presente e os protagonistas son un grupo de periodistas da TVG que se trasladan a Quiroga para realizar un documental sobre a elaboración do ferroo. Alí se atopan cun misterio. Na segunda parte da novela, o lector viaxará ata o século XIX, cando un monxe de Samos chega a Rugando para administrar a ferrería. Nesa época fráguase o misterio que recorre a obra. Por último, hai un epílogo breve no que esas dúas épocas únense para resolverlo.

Rugando. [IX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez]

Autores Celia Díaz Núñez e Pilar Marcó
Portada Ver portada
Editorial Deputación Provincial de Ourense
Ano 2012
Idiomas Galego
Encuadernación Il.: Cor. 21 x 14,5. Rústica
Nº de páxinas 136
ISBN 978-84-92554-60-7
Depósito Legal OU-60-2012